Eventos

Unha ollada ó pasado na Igrexa de Arrabaldo

Unha ollada ó pasado é o que atoparemos no mes de novembro na Igrexa Románica de Santa María de Arrabaldo mediante unha exposición de fotografías antigas.

Esta iniciativa xurde da man dun veciño da localidade, Moncho «O Pincho», e a asociación Móvete Toén.

Unha ollada ó pasado na Igrexa de Arrabaldo

Durante cinco xornadas, esta Igrexa Románica acollerá máis de 800 fotos que servirán ós visitantes a viaxar no tempo. Mediante estas instantáneas, as persoas que acudan á exposición poderán coñecer mellor a historia do pobo, a tradición e cultura do viño nesa zona e a relación que mantén co Río Miño.

Unha ollada ó pasado na Igrexa de Arrabaldo

A exposición permanecerá aberta ós visitantes os días 10, 11, 12, 18 e 19 de novembro. O primeiro día terá lugar o acto de inauguración ás 17h coa participación de D. Xosé Roberto González, cura do pobo, e Augusto Pérez Alberti, catedrático da USC.

Os días 11, 12, 18 e 19 de novembro, o horario de visitas será de 11 a 18h. Nesa última xornada, o 19 de novembro, terá lugar o acto de clausura ás 17h. Coa actuación das pandereteiras de Laias darase por rematada esta exposición que se trasladará ó Grupo Escolar.

Unha ollada ó pasado na Igrexa de Arrabaldo

Igrexa Románica de Santa María de Arrabaldo en Google Maps

Botón volver arriba