Unha verbena con moita tradición terá lugar este sábado, 18 de xuño, en Ramirás. A Verbena do Rella é unha proposta do Colectivo Rebulir para recuperar o antigo formato das verbenas, un formato onde a música era o elemento principal.
Unha verbena con moita tradición
A praza de San Andrés en Villavidal (Ramirás) acollerá desde ás 16h un variado programa de actividades. Baile tradicional, xogos, animación e moita música para recordar a figura de Manuel «O Rella», gaiteiro nado en Cartelle e que viviu en Ramirás.
A Verbena do Rella
- 16h – Obradoiro de Baile Tradicional
- 18:30h – Xogos tradicionais
- 19h – pasarrúas
- 20h – Cea
- 21:30h – Verbena do Rella
- 01:00h – Foliada libre