Noticias

Unión sen fisuras ante o partido contra o Cancro de Mama

Unha unión sen fisuras é o que provocou o partido benéfico contra o Cancro de Mama que reúne a todas as forzas políticas para apoiar esta iniciativa que terá lugar o xoves, 19 de outubro de 2023.

Representantes de diversas entidades, institucións e forzas políticas estiveron no acto de presentación do tradicional partido contra o Cancro de Mama.

Unión sen fisuras ante o partido contra o Cancro de Mama

Olga Mojón e Carmen Aragonés, vicepresidenta e xerente da AECC en Ourense, formaron parte desta iniciativa solidaria que ten como obxectivo recadar fondos para loitar contra esta enfermidade. No acto tamén estiveron presentes as seguintes persoas:

  • Dúas representantes do corpo de policía local de Ourense e xogadoras do equipo Mulleres de Ourense;
  • Montse Estévez, representante do equipo Mulleres de Ourense e periodista da COPE;
  • Yuse Vázquez, vicepresidente da EFF Rosalía;
  • Camilo Díaz, presidente do Ourense CF;
  • Erea Blanco, concelleira do grupo municipal do BNG;
  • Inmaculada Moreiras, portavoz e concelleira do grupo municipal do PP;
  • Alba Iglesias, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE;
  • Natalia González, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE;
  • Patricia Torres, deputada provincial de política social da Deputación de Ourense;
  • Aníbal Pereira, concelleiro de deportes do Concello de Ourense;
  • Ana Fernández, concelleira de asuntos sociais do Concello de Ourense;
  • Armando Ojea, tenente-alcalde do Concello de Ourense
O partido contra o Cancro de Mama une a todos os partidos políticos
Foto: AECC en Ourense

Partido benéfico contra o Cancro de Mama

Este partido solidario comezará ás 19:30h no Campo Municipal de Oira e as entradas terán un prezo de 5€. Os puntos de venta das entradas serán a sede provincial da AECC e mediante os representantes dos equipos participantes.

Unión sen fisuras ante o partido contra o Cancro de Mama

A organización tamén dispuxo unha fila 0 na entidade bancaria ABANCA ES68 2080 0475 5630 4000 0077

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.