As vespas velutinas supoñen un problema en Xinzo de Limia ó aumentar o número de niños detectados durante o verán.
Desde o PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia solicitan unha actuación urxente ante esta situación «que pode xerar riscos graves para a saúde e a integridade das persoas».
As velutinas supoñen un problema en Xinzo de Limia
A pesar dos traballos que se realizan de forma xeral para retirar estes niños de velutinas. Os membros do grupo municipal socialista de Xinzo de Limia consideran que se debe informar adecuadamente á poboación.
«A dispersión da poboación, o número de casas abandonadas en diferentes núcleos de poboación, as persoas que viven soas ou en casas afastadas e rodeadas de vexetación provocan que no caso de que existan niños, estes sexan dificilmente detectables, pero non por iso menos perigosos» sinalan ante esta problemática.
Elvira Lama, voceira do partido, denuncia que «a resposta dos medios que ten ao dispor a Xunta de Galicia, as veces tarda días en solucionar o problema e fai que o tempo corra en contra da cidadanía, especialmente daquelas persoas que son alérxicas e doutras que non o saben, e que pasan polas rúas ou camiños onde están aloxados estes niños de velutinas, que poden conter uns 2.000 exemplares».