Deportes

VI Campus de Verán de Bádminton

O VI Campus de Verán de Bádminton que organiza o Club Athlos celebrarase entre os días 26 e 30 de xuño nas instalacións do Pompeo (IES Otero Pedrayo).

Este campus deportivo está dirixido a rapaces e rapazas que teñen entre 6 e 18 anos e non é preciso ter coñecementos previos deste deporte.

VI Campus de Verán de Bádminton

O Campus de Athlos é unha boa oportunidade para que aqueles deportistas xa iniciados na práctica de Bádminton poidan mellorar o seu xogo e para que outros moitos se acheguen a este deporte.

Datas e horario

  • 26 a 29 de xuño (sen excursión)
  • 26 a 30 de xuño (con excursión)
  • Horario: 9 a 14h
  • Día de excursión: 9 a 19h

Prezo

  • A partir de 60€

Lugar

  • O Pompeo (IES Otero Pedrayo) – Ourense

+ información

  • A actividade contará cun servizo de madrugadores
  • Inscrición mediante whatsapp – 678 77 01 71 ou mail info.clubathlos@gmail.com
VI Campus de Verán de Bádminton

Botón volver arriba