A Vida e Obra de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023 chéganos de novo da man do alumnado do Colexio San Pío X de Ourense.
Un vídeo no que o alumnado de 5º de primaria nos fai chegar os aspectos máis relevantes da vida e obra deste escritor, intelectual e político nado en Lugo.
Vida e Obra de Francisco Fernández del Riego
Francisco Fernández del Riego naceu na localidade de Lorenzana (Lugo) no ano 1913 e finou en Vigo no ano 2010. Está considerado como unha das principais figuras no impulso da cultura galega durante o século XX.
No eido editorial, Fernández del Riego foi un dos impulsores da editorial Galaxia e foi codirector da revista Grial durante os seus 100 primeiros números.
Próximo ó grupo Nós, pertenceu ó Seminario de Estudios Galegos e o Consello Galego de Galeuzca. Sería no ano 1960 cando Fernández del Riego ingresaría na Real Academia Galega co discurso «Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores». Nesta institución acadaría o posto de presidente no ano 1997.
Obra de Fernández del Riego
Entre as súas obras sobre la cultura y literatura galegas destacan:
- Historia de la literatura gallega
- Galicia en el espejo
- Diccionario de escritores en lingua galega
- La generación Galaxia y extranjeras
No ámbito literario, Fernández del Riego foi autor de numerosos libros como «El ciego de Pumardedón», «Las peregrinaciones jacobeas» e «El camino de Santiago y Galicia». Algúns dos seus últimos traballos foron unha recopilación das súas cartas con Cunqueiro editadas por Galaxia co título «Cartas a mi amigo. Epistolario Mindoniense» (2003) e as súas memorias «Camino andado» (2004).

Premios e recoñecementos
Recibiu numerosos premios e recoñecementos ó longo da súa vida tales como:
- Premio Trasalba
- Premio Pedrón de Oro
- Premio de creación cultural da Xunta de Galicia
- Medalla de Ouro da Cidade de Vigo
- Medalla Castelao
- Premio Celanova Casa de los Poetas
- Premio das Artes e das Letras de Galicia
- Doctor Honoris Causa pola universidade de Vigo
Información do vídeo
- Voces: alumnado de 5º de primaria do Colexio San Pío X de Ourense
- Mestre responsable: David Rial
- Ilustracións: Carlos Gallego Domínguez
- Textos: Seminario Galán
- Música: Despedida, Pt. 1 (Mutenrohi) / O peregrino agochado (Luar Na Lubre) / Mont St. Michel (Mike Oldfield)