Deportes

O Ximnasia Burgas suma 15 medallas no Nacional de Trampolín

O Ximnasia Burgas conquistou seis títulos nacionais, catro medallas de prata e cinco de bronce no Campionato Nacional Base de Trampolín celebrado en Valladolid, consolidándose como un dos clubs máis destacados da base estatal nesta especialidade.

A gran protagonista da competición foi Aira García, que asinou unha actuación sobresaliente na categoría alevín.

O Ximnasia Burgas suma 15 medallas no Nacional de Trampolín

A ximnasta logrou catro medallas de ouro, dúas delas na clasificación open, nas disciplinas de trampolín e dobre minitramp, nunha categoría na que competían 43 deportistas. Ademais, completou o seu excelente campionato cunha prata e un bronce en tumbling.

O Ximnasia Burgas suma 15 medallas no Nacional de Trampolín
Foto: Club Burgas

Tamén na categoría alevín destacou Valentina Fernández, que regresou de Valladolid cun balance de dúas medallas de prata e dúas de bronce.

Na categoría infantil, Carlota González proclamouse campioa nacional de trampolín, nunha competición que reuniu a 43 ximnastas. Engadiu ademais unha medalla de prata na clasificación open.

Pola súa banda, Celia Torres logrou o ouro en tumbling na categoría xuvenil. Leo Touza subiu ao podio coa conquista dunha medalla de bronce en trampolín xuvenil.

Os éxitos do Ximnasia Burgas completáronse coa medalla de bronce por equipos en tumbling. Pecharon así unha destacada participación que reafirma o traballo de formación desenvolvido polo club e a súa posición entre as referencias da ximnasia de trampolín a nivel nacional.

Botón volver arriba