Deportes

O Ximnasia Pavillón foi profeta na súa terra

O Ximnasia Pavillón foi profeta na súa terra ó lograr excelentes resultados nas competicións que tiveron lugar no Pavillón dos Remedios na cidade de Ourense.

Ourense acolleu o Campionato Galego individual de clubs, o Campionato Galego individual masculino e o Control Clasificatorio II Fase Copa de España conxuntos.

O Ximnasia Pavillón foi profeta na súa terra

Na competición individual, os ximnastas do Club Pavillón lograron grandes resultados. Patrick Célis López obtivo a medalla de Ouro na categoría infantil. Tamén foi de Ourense a medalla acada por José Vázquez Gómez en categoría júnior onde se impuxo en aro, cinta e mazas para lograr o 1º posto na clasificación xeral. Tamén na categoría júnior, o ximnasta do Club Pavillón Eduardo Montero logrou o segundo posto na clasificación xeral ó obter a segunda posición nos tres aparellos.

  • Patrick Célis López – Medalla de Ouro en categoría infantil
  • José Vázquez Gómez – Medalla de Ouro en categoría júnior
  • Eduardo Montero – Medalla de Prata en categoría júnior

A próxima cita que disputarán os tres ximnastas será entre o 20 e o 25 de maio no Campionato Nacional.

O Ximnasia Pavillón foi profeta na súa terra
Foto: Ximnasia Pavillón

No Campionato galego individual de Clubs, o Ximnasia Pavillón participaba con cinco equipos. Os dezaseis ximnastas que competiron nas categorías infantil, júnior e sénior realizaron moi bos exercicios entre os que destacaron os resultados obtidos por:

  • Candela Chaparro Gómez – Medalla de Prata (exercicio de pelota) en categoría sénior.
  • 5º e 6º posto dos equipos infantís.
  • 5º posto do equipo júnior.
  • 4º e 5º posto dos equipos sénior.

A participación dos tres conxuntos do Ximnasia Pavillón no Control clasificatorio para a Copa de España de conxuntos absolutos tamén ofreceu bos resultados ó club ourensán. A baixa médica dunha integrante do conxunto sénior non permitiu a este participar na competición, a pesar diso, os tres conxuntos estarán na II Fase da Copa que terá lugar entre o 2 e o 7 de xullo de 2024.

  • 2º posto do conxunto infantil
  • 1º posto do conxunto sénior

Botón volver arriba