Deportes

O Ximnasia Pavillón Ourense conquista varios podios no Nacional de Trampolín

O Club Ximnasia Pavillón Ourense asinou unha destacada actuación no Campionato de España Divina Seguros e Nacional Base de Trampolín, que se celebra en Valladolid do 3 ao 7 de xuño.

Nesta competición, o club ourensán conseguiu varias medallas e postos de honra nas competicións de elite.

O Ximnasia Pavillón Ourense conquista varios podios no Nacional de Trampolín

A competición para o nivel elite arrancou o venres 5 de xuño cunha excelente participación da expedición ourensá. A xornada deixou varios pases a finais e tamén importantes resultados nas probas de sincronismo.

O Ximnasia Pavillón Ourense conquista varios podios no Nacional de Trampolín

En sincronismo mixto infantil, Iria Monteagudo Blanco e María González Feijoo lograron a medalla de bronce. Tamén subiron ao máis alto do podio Mario Monteagudo Blanco e Iván Pacios Miguel, que conquistaron o ouro. Pola súa banda, Breixo Miranda Fernández e Daniela Rodríguez Augusto acadaron outra medalla de bronce, mentres que Alma Quintana Rodríguez e Mara Lázaro Díaz finalizaron na oitava posición.

En sincronismo mixto sénior, a parella formada por Noa Puente Dodd-Álvarez e Lucas Domuro Arias rematou na sexta posición.

A xornada do sábado deixou tamén resultados destacados nas probas individuais de trampolín e dobre minitramp. Sobresaíron o subcampionato de España de Aleix Galán Grande en categoría alevín masculina, a prata de Daniela Rodríguez Augusto en pre júnior feminina. Tamén obtiveron medalla de bronce Breixo Miranda Fernández en pre júnior masculina e Iván Pacios Miguel en categoría júnior masculina.

Entre os mellores resultados tamén figuran o segundo posto de Uxía Blanco Cidón en categoría júnior feminina, o título de campioa de España de Claudia Blanco Cidón en pre sénior feminina e o ouro de Saúl Rodríguez Rodríguez na categoría sénior masculina.

Botón volver arriba