Deportes

O Ximnasia Pavillón presenta a nova temporada

O Club Ximnasia Pavillón presenta a nova temporada cun acto que se celebrará na Pista central do Pavillón dos Remedios este sábado, 16 de marzo de 2024.

Os equipos do Club Ximnasia Pavillón e a Escola Ximnasia Pavillón de nivel autonómico presentan os seus exercicios neste acto de presentación.

O Ximnasia Pavillón presenta a nova temporada

No programa de exhibicións, atoparemos tamén equipos de nivel nacional e ximnastas individuais. A presentación destes conxuntos comezará ás 11:30h e permitirá ver en acción a:

  • Sete conxuntos en nivel nacional (seis de rítmica e un de estética)
  • Dezanove ximnastas individuais de nivel nacional
  • Un conxunto e dúas ximnastas individuais en nivel prebase
  • Tres conxuntos e dúas ximnastas individuais en nivel promoción
  • Catorce conxuntos e nove ximnastas individuais de nivel escolar
  • Un conxunto categoría máster

Nesta nova temporada, o Club Ximnasia Pavillón contará con sete equipos de nivel Sénior formados por 40 ximnastas. Ademais, tamén contará coa participación do conxunto máster (9 integrantes de 18 a 26 anos) e un conxunto sénior de ximnasia estética.

Un piar fundamental do traballo realizado no Club Pavillón é a atención que se presta á escola. A Escola Pavillón traballará este ano con 35 ximnastas menores de 6 anos que supoñen a semente dos próximos anos. 290 ximnastas na modalidade de ximnasia rítmica forman parte deste club para a presente temporada. A maiores, o Club Ximnasia Pavillón conta con escolas de ximnasia rítmica en Ribadavia e Pereiro de Aguiar, en varios centros educativos da cidade de Ourense e xestiona as escolas de Xinzo de Limia e Barbadás (rítmica e trampolín).

O Ximnasia Pavillón presenta a nova temporada

Con todo este conxunto de ximnastas, o Club Ximnasia Pavillón prepara a nova temporada que terá as seguintes citas destacadas nas próximas semanas:

  • 24 de marzo – Provincial escolar, promoción e prebase en Barbadás
  • 28 a 31 de marzo – Torneo Internacional Ourense Provincia Termal- Ourense
  • 7 de abril – Control Copa Conxuntos Base, Control Copa España Conxuntos 1ª Fase + Control Copa España Masculino en Vigo

Botón volver arriba