Deportes

O Ximnasia Pavillón regresa de Pamplona con novas medallas

O Club Ximnasia Pavillón regresa de Pamplona con novas medallas tras rematar o Campionato de España Individual e por equipo de Trampolín.

Tras unhas primeiras finais nas que o Ximnasia Pavillón lograba a medalla de Ouro en Sicronismo Junior da man de Daniel Imray e Mateo Rodríguez, as finais celebradas na xornada de hoxe deron novas alegrías ó club ourensán.

O Ximnasia Pavillón regresa de Pamplona con novas medallas

Ademais das medallas acadadas en categoría individual, tamén logrou o Club Ximnasia Pavillón catro medallas por equipos destacando o Ouro logrado polo equipo sub15 feminino en trampolín.

Foto: Club Ximnasia Pavillón

6 Medallas de Ouro

  • Daniel Imray Carrasco e Mateo Rodríguez Pérez en sincro junior.
  • Fabio González Fernández en dobre minitramp alevín.
  • Diego Rodríguez Pérez en trampolín infantil.
  • Equipo sub15 feminino en trampolín.
  • Saúl Rodríguez en dobre minitramp sénior.
  • Mateo Rodríguez Pérez en trampolín junior.

3 Medallas de Prata

  • Fabio González Fernández en trampolín alevín.
  • Iker García Martínez en trampolín infantil.
  • Equipo absoluto masculino en dobre minitramp.

3 Medallas de Bronce

  • Equipo Sub15 masculino en trampolín.
  • Equipo absoluto masculino en trampolín.
  • Noa Puente-Dodd Álvarez en trampolín sénior.

Botón volver arriba