Deportes

O Ximnasia Pavillón segue a medrar no EUSKALGYM

O Club Ximnasia Pavillón segue a medrar como demostra a súa participación no EUSKALGYM que tivo lugar esta fin de semana en Barakaldo.

Cunha participación de sete conxuntos e tres ximnastas de rítmica masculina, o Club Ximnasia Pavillón chegaba a este campionato coa ilusión de seguir mellorando e lograr as mellores execucións dos exercicios que a nivel individual ou en conxunto ían realizar os seus ximnastas.

O Ximnasia Pavillón segue a medrar no EUSKALGYM

As primeiras ximnastas en participar no EUSKALGYM 2023 foron os conxuntos benxamín base e alevín absoluto. A destacar precisamente a participación deste último conxunto que logrou unha gran participación e confirmou a mellora leva mostrando durante toda a temporada.

Na xornada do domingo, os conxuntos cadetes e infantil base participaban na quenda de mañá logrando boas puntuacións. Xa pola tarde, os conxuntos junior de nivel absoluto mostraban o froito do traballo realizado durante os últimos meses.

Os ximnastas masculinos participarían a última hora do domingo pola tarde. José Vázquez realizou unha gran execución dos seus exercicios e situouse no sexto posto da clasificación.

O Ximnasia Pavillón segue a medrar no EUSKALGYM
Conxunto Infantil Base
Foto: Ximnasia Pavillón

Trala experiencia do EUSKALGYM, a temporada aínda ten máis dunha cita para o Club Ximnasia Pavillón. A participación no Nacional de Conxuntos Base que terá lugar en Pamplona entre os días 22 e 24 de novembro, a Copa de España do 26 de novembro e o Nacional de Conxuntos dos días 15, 16 e 17 de decembro porán fin a esta temporada.

Resultados do Club Ximnasia Pavillón no EUSKALGYM 2023

  • Conxunto infantil base Escola Pavillón– Aros- 8º clasificado (20,050)
    • Ximnastas: Daniela, Mónica, Laura, Nicole, Noa e Lara
      • Adestradora: Raquel Dafonte
  • Conxunto alevín absoluto Club Ximnasia Pavillón Ourense– Pelotas- 11º clasificado (21,050)
    • Ximnastas: Alma, Claudia, Lara, Bianca, Olga e Carla
      • Adestradora: Natalia Gómez
  • Conxunto junior absoluto Club Ximnasia Pavillón Ourense-Cintas e pelotas- 9º clasificado (20,950)
    • Ximnastas: Mariña, Candela, Claudia, Laura e Noa
      • Adstradora: Alba Estévez
  • Conxunto junior absoluto Escola Pavillón– Cintas e pelotas- 21º clasificado
    • Ximnastas: Martina, Maya, Xisela Sheila, Grettel e Daniela
      • Adestradora: Yaiza Rodríguez
  • Conxunto benxamín base Club Ximnasia Pavillón– Mans Libres- 22º clasificado
    • Ximnastas: Martina, Area, Alicia, Valeria Rodríguez, Valeria Varela, Mía e Mara
      • Adestradora: Alba Estévez
  • Conxunto cadete prebase Club Ximnasia Pavillón Ourense– Pelotas e cintas- 29º
    • Ximnastas: Naia, Rubén, Karol, Danna, Leira, Lara e Sofía
      • Adestradora: Lucía López
  • Conxunto cadete base Escola Pavillón– Pelotas e cintas- 37º clasificado
    • Ximnastas: Sabela, Martina, Alejandra, Lucía, Aroa e Noa
      • Adestradora: Yaiza Rodríguez
  • INDIVIDUAL MASCULINO- CATEGORÍA JUNIOR- MAZAS
    • José Vázquez: 6º (21,750)
    • Eduardo Montero: 14º
    • Patrik Celis: 16º
      • Adestradora: Raquel Dafonte

Botón volver arriba