Deportes

O Ximnasia Pavillón viaxa ó Campionato de España

O Club Ximnasia Pavillón viaxa ó Campionato de España de Trampolín que se celebrará na cidade de Pamplona (Navarra) entre o 8 e o 12 de maio de 2024.

A representación do club ourensán está formada por 20 deportistas que participarán no Campionato Individual e de Clubs e 8 que o farán no Nacional de Base.

O Ximnasia Pavillón viaxa ó Campionato de España

Esta competición comezará co Nacional de Base que se realiza entre os días 8 e 9 de maio. Ese mesmo día, o 9 de maio, comezarán os adestramentos para os participantes no Campionato de España Individual e Clubs que se celebrará entre os días 10 e 12 de maio.

O Ximnasia Pavillón viaxa ó Campionato de España
Foto: Club Ximnasia Pavillón

O Pavillón Area de Pamplona acollerá durante estes días a 500 ximnastas de toda España.

Botón volver arriba