Deportes

Xoel Álvarez proclámase campión sub17

O xogador Xoel Álvarez proclámase campión sub17 no Máster N3 «Cidade da Coruña que se celebrou durante a fin de semana.

Oito xogadores do Club Athlos de Bádminton participaron neste campionato de categorías sub13 e sub17 no que contaron coa axuda dos seus adestradores Antonio Iglesias e Sara Galicia.

Xoel Álvarez proclámase campión sub17

Durante as dúas xornadas de duración deste campionato «Cidade da Coruña«, os deportistas do Club Athlos lograron un alto nivel de xogo que permitiu lograr dúas medallas. Paula Casas quedou ás portas de acadar unha medalla o rematar en quinto posto a súa participación individual no sub17 feminino.

Nesa mesma categoría sub17, a propia Paula Casas e Lucía Cid lograrían a medalla de bronce en dobres feminino. O maior éxito da delegación ourensá veu da man de Xoel Álvarez que logrou proclamarse campión sub17 en individual masculino. Este logro veu acompañado polo feito de que o xogador de Athlos non cedeu ningún set durante a súa participación.

Xoel Álvarez proclámase campión sub17
Foto: Club Athlos

Xogadores do Club Athlos que participaron no campionato: Lucía Cid, Paula Casas, Beatriz López, Gael R. Pérez, Gael R. Santamaría, Xoel Álvarez, David Casas e Adrián Seijo

Xoel Álvarez proclámase campión sub17
Foto: Club Athlos

Botón volver arriba