Noticias

Xosé Carlos Valcárcel intentará un terceiro mandato en Barbadás

Xosé Carlos Valcárcel Doval, actual alcalde, intentará lograr un terceiro mandato ao fronte do concello de Barbadás nas eleccións municipais que terán lugar o 28 de maio.

Nun acto celebrado no parque dos Carrís, o grupo socialista deu a coñecer o listado completo de persoas que acompañarán a Valcárcel na candidatura.

Xosé Carlos Valcárcel intentará un terceiro mandato en Barbadás

Este grupo «quere traballar con ilusión, honestidade, transparencia, proximidade e con moitos proxectos de futuro», indican fontes socialistas.

Xosé Carlos Valcárcel intentará un terceiro mandato en Barbadás

Entre os obxectivos que se marca o PSdeG-PSOE en Barbadás para o mandato 2023-27 están «mellorar as dotacións, recuperar o medio ambiente, pór en marcha novos roteiros culturais e turísticos, mellorar a seguridade pública e seguir avanzando na igualdade entre homes e mulleres».

Xosé Carlos Valcárcel intentará un terceiro mandato en Barbadás

Xosé Carlos Valcárcel recorda que Barbadás «converteuse nun referente provincial pola súa intensa actividade cultural, pensada para todos os públicos e con actividades totalmente gratuítas». Tamén destaca que «queremos seguir sumando e queremos máis Barbadás e facer máis pola veciñanza, traballando pola xustiza social, o feminismo e o medio ambiente».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.