O profesor e lingüista Xosé Henrique Costas presenta este xoves, 25 de xaneiro, na tenda OZOCOgz deseño galego do Carballiño.
O acto contará coa participación do escritor, tradutor e filólogo Moncho Iglesias Míguez, profesor no IES Chamoso Lamas.
Xosé Henrique Costas presenta «Ao sur da liberdade»
«Ao sur da liberdade» supón o primeiro traballo de Xosé Henrique Costas en narrativa histórica. Este libro é o primeiro da triloxía que o autor está preparando sobre unha saga familiar situada nos séculos VIII e IX que terá como nome «Banu Marwán, a estirpe do galego».