O escritor Xurxo Souto presenta o seu último libro na tenda OZOCOgz do Carballiño o sábado, 6 de abril a partir das 12:30h.
Cantante, acordeonista, escritor, actor, director e locutor, Xurxo Souto é un dos artistas máis coñecidos de Galicia.
Xurxo Souto presenta libro no Carballiño
Na súa visita á tenda OZOCOgz, Souto presentará o seu último traballo «Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta».

Ó remate do acto está programado un vermú grazas á colaboración de Vermut Povarelo.