A xustiza, por medio do Tribunal Superior de Galicia, devolve a titularidade do espazo situado na Praza de San Antonio ó concello de Ourense.
Esta resolución confirma unha anterior do Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Ourense de decembro de 2021. Nesa resolución, declarábanse nulos de pleno dereito os acordos da xunta de goberno do 5 de decembro de 2007.
A xustiza devolve a Praza de San Antonio ó concello
Naquela xunta concedíanse licenzas urbanísticas para o subsolo da Praza de San Antonio, situada entre as rúas Ramón Cabanillas, Teluro e Avenida de Bos Aires.
«Hoxe somos coñecedores dunha sentenza que nos dá a razón sobre algo que vimos denunciando desde hai unha década: que a praza é de dominio público, de todos os ourensáns», indicou Pérez Jácome, alcalde de Ourense.

Pérez Jácome destaca que «estamos ante un auténtico estropicio da xestión do PSOE no Concello de Ourense, que foron cómplices dun roubo á cidade. Agora a xustiza dános a razón recuperando un terreo público para todos os ourensáns. Fíxose xustiza e o parking de San Antonio é de todos os ourensáns».