Deportes

XVII Torneo Nadal Marosa Salgado 2023

O XVII Torneo de Nadal Marosa Salgado Madriñan celebrarase este sábado, 2 de decembro, organizado polo Club Ximnasia Pavillón.

O Pavillón dos Remedios acollerá este sábado o 17º torneo de nadal que recorda a figura de Marosa Salgado Madriñán, persoa de gran relevancia na historia do Club Ximnasia Pavillón do que foi a primeira presidenta.

XVII Torneo Nadal Marosa Salgado 2023

Esta cita deportiva é un clásico da actividade de Nadal na cidade de Ourense e contará coa presenza de numerosos clubs nas disciplinas de ximnasia rítmica e trampolín.

XVII Torneo Nadal Marosa Salgado 2023
Foto: Escola Pavillón

Na xornada de mañá, clubs de ximnasia rítmica procedentes de distintas localidades participarán nesta exhibición que comezará ás 12h na Pista Central. Un total de 433 ximnastas de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos mostrarán o seu traballo.

  • E.D. Barbadás
  • E.D. Xinzo de Limia
  • C.D. Miraflores
  • E.D. Celanova
  • E.D. Maceda
  • Escola Pavillón Ribadavia
  • Escola Pavillón Pereiro de Aguiar
  • Club Ximnasia Pavillón Ourense
  • Club Ximnasia Escola Pavillón
XVII Torneo Nadal Marosa Salgado 2023

Na xornada de tarde, 150 ximnastas participarán na competición de trampolín. Nesta modalidade participará o Club Gravitty de Lugo que acompañará os deportistas ourensáns que completan esta competición de nivel escolar e base.

  • Club Gravity-Lugo
  • E.D. Barbadás
  • Club Ximnasia Pavillón Ourense
  • Escola Pavillón
XVII Torneo Nadal Marosa Salgado 2023

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.