Noticias

100.000 euros máis para o plan Tarazana

A Deputación de Ourense aprobou un incremento de 100.000 euros máis para o plan Tarazana dentro da modificación de crédito de 446.000 euros aprobada polo pleno.

No último pleno celebrado na Deputación de Ourense aprobouse unha modificación de crédito que suporá principalmente un incremento da inversión en actividades culturais.

100.000 euros máis para o plan Tarazana

O Plan Tarazana, en funcionamento dende fai anos, serve de importante ferramenta para o fomento das actividades escénicas e musicais. Recentemente, a institución provincial cancelaba este plan ó esgotar o orzamento previsto para 2022. Co incremento de 100.000 euros aprobado polo pleno, un importante número de solicitudes poderán ser atendidas.

100.000 euros máis para o plan Tarazana
Pleno da Deputación (xuño 2022) Foto: depourense.gal

Outra das partidas que recibirán un incremento da financiamento é a da cooperación en actividades culturais e recreativas. 212.000 euros permitirán á Deputación provincial colaborar economicamente coas seguintes propostas:

  • Xornadas de Folclore;
  • Ciclo de cine euroárabe Amal en ruta;
  • Circuíto de cinema de verán;
  • X Semana Escolar da provincia;
  • Xornadas de Portas Abertas da Deputación;
  • Ludoteca móbil;
  • Videoclip da canción «Agua Soy» de Teo Cardalda, escrita para conmemorar o bicentenario da Deputación;
  • campamentos de Ourensanía e o Music Camp de Muíños;
  • Festa da Palabra;
  • Participación do grupo Castro Floxo na 17ª Semana Europea de Folclore, que se celebrará do 28 de agosto ao 1 de setembro en Madeira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba