Eventos

O teatro afeccionado galego presenta FETEAGAL

27 de Marzo, día Mundial do Teatro. E que mellor forma de conmemoralo que coa presentación da nova Federación Teatral Afeccionada de Galicia – FeteaGal? Pois si, isto ocorreu este pasado sábado na cidade de Ourense.

O Liceo da capital foi o encargado de acoller un acto histórico para o teatro afeccionado galego. Distintos grupos de toda Galicia uníronse en FeteaGal e quixeron mostrar ao noso país todas as vantaxes de ser socios desta Federación.

A gala estivo a altura das expectativas e é que a organización realizou un excelente traballo tendo en conta todas as limitacións que hai en vigor agora mesmo. Aforo limitado, distancia de seguridade, controis de temperatura, xel hidroalcohólico, máscaras… Pero todo sexa para que a cultura non pare.

O teatro afeccionado galego presenta FETEAGAL
O teatro afeccionado galego presenta FETEAGAL

Iniciaron a presentación con un pequeno espectáculo teatral, ou sketch como está tan de moda dicir agora, que a verdade é que soubo a pouco para uns asistentes que pediron máis. A calidade do guión e da representación non se pode cuestionar así como tampouco a calidade das tres persoas que actuaron e abriron dun xeito pouco habitual unha gala coma as deste tipo. A continuación e para sorpresa dos convidados proxectouse o vídeo promocional da Federación, un alarde de simpatía, bo ambiente e compenetración entre todos os socios. A súa duración de nove minutos non o fixo para nada longo, senón ameno e divertido, onde os socios ían falando sobre os seus grupos e a formación da Federación; intercalando imaxes da gran beleza paisaxística que temos en Galicia.

O teatro afeccionado galego presenta FETEAGAL

A partir de aquí colleron o mando dous membros da Xunta Directiva, David Vázquez e Roberto De la Torre, que actuaron como presentadores da gala. Dun xeito formal pero natural nos contaron o porqué da Federación onde temos que destacar as palabras de Vázquez: “Algúns de nós nos damos conta de que non existe no noso país ningún organismo que loite por dignificar ao teatro amador, ningún que dea as mesmas oportunidades a todos os grupos afeccionados por igual e que consigan crear un entramado cultural único ao redor dos centos de grupos de teatro amador que existen en Galicia”.

Non menos importante é coñecer as importantes iniciativas que están levando a cabo, aínda en tempos de pandemia. Sinala De la Torre que xa puxeron en marcha na súa canle de YouTube un programa de entrevistas a personalidades famosas do mundo do teatro e da cultura en xeral e que están mans á obra con outros dous proxectos que poderán ver a luz antes do verán. Porque hoxe en día é así, as restricións non permiten en moitas ocasións as representacións físicas e hai que pensar en alternativas, un campo no que FeteaGal está tomando a dianteira.

Case rematando o acto déronlle a palabra aos socios que estaban presentes na sala para que puidesen expresar as súas opinións. Un xesto que aproveitaron os representantes dos distintos grupos para mostrar a súa ilusión, as ganas de traballar e de innovar que teñen, pero sobre todo as ansias que teñen de volver a facer teatro. Todos eles se mostraron optimistas e recalcaron que FeteaGal chegou para quedarse, para facer historia, para levar ao teatro afeccionado galego a un nivel ao que nunca estivo pero sobre todo, para loitar, defender e dignificar a unha modalidade artística que tan mal o está pasando coa pandemia.

O acto foi moi simple, non había moita xente, algo íntimo, pero que demostrou que non sempre as grandes cousas son as que triunfa. Este sábado FeteaGal triunfou e, con ela todos os seus asociados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.