A dramaturga Ana Abad de Larriva gaña o Premio Abrente 2022 convocado pola Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
Durante a inauguración da MIT 2022, tivo lugar a entrega do 17º Premio Abrente de textos teatrais.
Ana Abad de Larriva gaña o Premio Abrente 2022
A gañadora desta edición foi a dramaturga Ana Abad de Larriva pola súa obra «A Nunca vista». Entre as razóns que levaron ó xurado a outorgar o premio por unanimidade está a innovación temática conectada coa antropoloxía cultural galega.
![](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2022/07/Ana-Abad-FOTO-David-Rodas-800x450.jpg)
Titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e en Xornalismo pola Universidade de Compostela, Ana Abad de Larriva é dramaturga e actriz. No 2019 gañou o premio Roberto Vidal Bolaño. Subdirectora da revista Erregueté, participará no I Encontro Interxeracional do Teatro Galego que terá lugar o día 24 de xullo dentro da programación da MIT 2022.