Noticias

Inauguración da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

A inauguración da 38º Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia abre unha edición que en 2022 permite recuperar todo o potencial deste prestixioso evento.

Ribadavia convértese unha vez máis na capital do Teatro e centra as miradas da escena nacional e internacional.

Inauguración da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

No acto de inauguración, tanto os representantes políticos como a organización destacaron a importante traxectoria acumulada durante as 37 edicións precedentes. Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia, destacou o prestixio da MIT. «A Mostra de Teatro, símbolo para o rexurdimento da cultura que gañou ao longo dos anos unha excelente reputación, mesmo a nivel internacional», sinalou a alcaldesa.

Inauguración da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de RIbadavia

Unha vez superados os dous anos de limitacións impostos pola pandemia, a MIT recupera toda a súa forza e proxección internacional. Manter vivo o teatro nos dous últimos anos foi posible gracias ó esforzo do sector. «O teatro segue vivo grazas ás artistas, dramaturgas e compañías teatrais que non deixaron de loitar pola súa profesión durante estes tempos tan difíciles» recordou Noelia Rodríguez durante a súa intervención.

Inauguración da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
Inauguración da MIT de Ribadavia

Programa completo da MIT de Ribadavia

Consulta o programa da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia premendo o seguinte enlace: Programa da MIT

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba