Eventos

Programa da MIT de Ribadavia 2022

A presentación do Programa da MIT de Ribadavia 2022 permitiu coñecer tódolos detalles dun dos eventos máis relevantes da escena teatral.

Do 15 ó 24 de xullo de 2022, Ribadavia será o corazón do teatro. O latexo da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia servirá para ver por primeira vez na mostra a artistas como Xavier Bobés e a compañía la Calórica.

Presentación da MIT 2022

Roberto Pascual, director da mostra, foi o encargado de ir presentando as diferentes actividades que se levarán a cabo na presente edición. Durante o acto de presentación do programa da MIT 2022, Roberto estivo acompañado por representantes das institucións que colaboran no seu funcionamento.

Programa da MIT de Ribadavia 2022
Paula Domínguez, Noelia Rodríguez e Cesar Fernández

Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia, Paula DOmínguez, concelleira de cultura de Ribadavia, Cesar Fernández, concelleiro en Ribadavia e vicepresidente da Deputación de Ourense, Manuel Arias, secretario xeral da Subdelegación do Goberno e Jacobo Sutil, director de AGADIC apoiaron o acto.

Programa da MIT de Ribadavia 2022
Autoridades presentes na presentación da MIT 2022

Programa da MIT de Ribadavia 2022

21 actuacións repartidos en 10 días de festival que encherán de teatro espazos como o Castelo de Ribadavia ou a Igrexa da Madalena. Artistas de Portugal, México, Mozambique ou Perú estarán presentes no MIT 2022.

Programa da MIT de Ribadavia 2022

Programa completo da MIT 2022

PreMIT, previas da MIT

  • Día 13 / MÉRCORES

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Teatro do Vilar. Apoio ao teatro afeccionado de Ribadavia.

  • Día 14 / XOVES

21:00 – Salón de Actos da Casa do Concello – Presentación do libro Profetas, de Ernesto Is (Premio Abrente 2021).

22:00 – Resolución do 17º Premio Abrente.

  • Día 15 / VENRES

20:30 Inauguración oficial da MIT 2022. Igrexa da Madalena. Concerto de Sheyla Patricia (Galicia).

21:00 Entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas e do Premio Abrente de Textos Teatrais 2022.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Hamlet – Teatro La Plaza – Perú.

00:30 – Foros MIT. Coloquio con Chela de Ferrari, directora. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

  • Día 16 / SÁBADO

20:00 – Igrexa da Madalena – Mónica – Federico Vladimir e Pablo Lilienfield – Galicia. Residencias Paraíso.

21:00 – Alameda (Ruadavia) – Sofá – Marta Alonso Tejada, en coprodución coa MIT de Ribadavia – Galicia.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Las aves – La Calòrica – Cataluña.

00:30 – Foros MIT. Coloquio con Joan Yago, dramaturgo. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

  • Día 17 / DOMINGO

20:30 – Igrexa da Madalena – Rapadas – Esther Carrodeguas – Galicia.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – La infamia – Teatro Español e Producciones Come y Calla – Madrid.

00:30 – Foros MIT. Coloquio con José Martret, director. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

  • Día 18 / LUNS

20:30 – Sampaio – Arte sen guión – Galeatro – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Demente – Cía. Fran Sieira – Galicia.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

  • Día 19 / MARTES

20:30 – A Franqueirán – Arte sen guión – Galeatro – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Margem – Nome Próprio – Portugal.

00:30 – Foros MIT. Coloquio con Joana Craveiro e Victor Hugo Pontes. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

  • Día 20 / MÉRCORES

20:30 – Francelos – POI – D’Es Tro – Illas Baleares. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Explore el jardín de los Cárpatos – José y sus hermanas – Cataluña.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

  • Día 21 / XOVES

20:00 – Igrexa da Madalena – Relato para un incendio – A Antena, en coprodución co CDG e a MIT – Galicia.

21:30 – San Cristovo – Meeting Point – Ertza – País Vasco. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 –Auditorio “Rubén García” do Castelo – El mar: visión de unos niños que no lo han visto nunca – TNC, Xavier Bobés e FITT de Tarragona – Cataluña.

00:30 – Foros MIT. Coloquio con Xavier Bobés e Alberto Conejero. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

  • Día 22 / VENRES

20.00 – Auditorio “Manuel María” da Casa da Cultura. Presentación do libro A lúa vai encuberta, de Manuel María.

21:30 – Santo André – O tempo diz – Ertza – País Vasco e Mozambique. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – A lúa vai encuberta – Incendiaria e A Quinta do Cuadrante – Galicia.

00:30 – Foros da MIT. Coloquio con Vanesa Sotelo e Tito Asorey. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Programa da MIT de Ribadavia 2022
  • Día 23 / SÁBADO

13:00 – Igrexa da Madalena. Presentación do libro O péndulo.

20:30 – Alameda (Ruadavia) – Quixote – Pedras de cartón – Galicia.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – O péndulo – Inversa Teatro, en coprodución co CDG, a MIT de Ribadavia e a Deputación de Pontevedra – Galicia.

00:30 – Foros da MIT. Coloquio con Marta Pérez e Ernesto Is. Museo Sefardí.

  • Día 24 / DOMINGO

19:30 – Museo Etnolóxico – 1º Encontro Interxeracional das Artes Escénicas de Galicia.

21:00 – Igrexa da Madalena – Conservando memoria – El Patio – La Rioja.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – AMA – Cía. Marie de Jongh – País Vasco.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí

Abonos para a MIT 2022

Os abonos para os espectáculos que se realizarán no Castelo poderán reservarse entre o 15 e o 30 de xuño. A partir do 1 de xullo, as entradas para tódolos espectáculos da MIT 2022 estarán dispoñibles na web ataquilla.com e na oficina do festival situado na Praza Maior de Ribadavia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba