Noticias

Motel Valquirias estréase no Ourense Film Festival

A serie Motel Valquirias estréase no Ourense Film Festival ó proxectarse o primeiro capítulo desta produción na que colabora a Deputación Provincial.

O audiovisual galego-portugués está de estrea grazas á colaboración de CTV e SPi. Estas empresas, responsables de títulos como «O sabor das margaridas» e «Gloria», son as encargadas de coproducir a serie «Motel Valquirias».

Motel Valquirias estréase no Ourense Film Festival

Trala estrea do primeiro capítulo no OUFF 2022, está prevista a súa próxima emisión nas canles TVG e RTP. Marina Mota, María Mera e Maria João Bastos encabezan un excelente reparto galego-portugués.

«É unha serie con tinturas dramáticas que posúe unha narrativa que sorprenderá ó espectador», indica José Amaral, Managing Director de SPi. A trama, situada nun motel de «estética pintoresca», «é unha historia universal que ten un forte compoñente de empoderamento feminino e de superación persoal«, destaca Ghaleb Jaber Martínez, showrunner de CTV.

Motel Valquirias estréase no Ourense Film Festival

Ademais dos interpretes principais, a serie conta coa participación de Chechu Salgado, Goya 2022 ó mellor actor revelación, Vicente Mohedano e Miguel Borines, entre outros. Drama, emoción, suspense e humor para ofrecer como resultado unha excelente serie.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.