A Policía Local de Ourense evitou un intento de suicidio o pasado domingo, 25 de setembro, na Ponte Vella tras o aviso dun cidadán.
Unha persoa atopábase sobre unha das varandas que ten a ponte con clara intención de tirarse. Unha patrulla que se atopaba pola zona acudiu ó lugar e lograron disuadir á un varón de 58 anos das súas intencións.
Tras controlar a situación, o home foi levado ó Hospital de Ourense para ser atendido.