Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, denuncia a «politización» dos magostos veciñais ó non cursar invitacións á corporación municipal.
A diferencia de anteriores anos, as asociacións veciñais de Ourense non están contando co goberno municipal para asistir ós seus magostos.
Pérez Jácome denuncia a «politización» dos magostos veciñais
En anteriores anos, a norma habitual era que as asociacións de veciños remitían unha invitación á alcaldía que a remitía ós distintos grupos municipais para poder asistir a estes eventos.
«Por primeira vez en décadas», a maioría de asociacións de veciños (todas agás tres) están saltando este procedemento. En opinión do alcalde, «non invitan oficialmente á Corporación para evitar que o alcalde asista aos magostos, e extraoficialmente convidan a asistir a concelleiros e concelleiras da oposición, a título particular».