A Biblioteca Provincial de Ourense recibe unha tese doutoral sobre o Mestre Vide realizada polo investigador Javier Jurado.
En presenza da directora da Biblioteca, Isabel Almuiña, e do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, Javier Jurado fixo entrega dunha copia da súa tese doutoral.
A Biblioteca Provincial recibe unha tese doutoral sobre o Mestre Vide
Foi nos anos 90 cando o investigador Javier Jurado comezou a investigar sobre a figura de José Fernández Vide (Mestre Vide). O organista e compositor ourensán foi obxecto de estudo por parte de Javier Jurado tendo publicado varios libros co apoio da institución provincial.
A partir de agora, a tese doutoral sobre o Mestre Vide descansa na Biblioteca Provincial grazas a cesión realizada polo autor, Javier Jurado.