Eventos

Ribadavia quere erradicar a violencia de xénero

Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia, escribe sobre os actos que rodean a data do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Esta data tan sinalada fai que multitude de actos de concienciación se programen por tódalas localidades. Este traballo, sen embargo, debe manterse durante todo o ano para erradicar da nosa sociedade unha violencia a que non debemos deixar espazo.

Ribadavia quere erradicar a violencia de xénero

Ribadavia quere erradicar a violencia de xénero

Con motivo deste novo 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Ribadavia, para erradicar calquera tipo de maltrato sobre as mulleres, os seus fillos e fillas e achegados e achegadas, vítimas todas do machismo, xa que o maltratador leva por medio a quen considere con tal de que ela sufra, facemos un chamamento á responsabilidade común, tanto de institucións como de cidadanía, no problema da violencia de xénero.

A liberdade, a seguridade e a integridade, son dereitos inherentes ao ser humano incuestionables e, como tales, non poden limitarse por circunstancias temporais ou espaciais nin tan sequera pender de ningún criterio, moito menos, pola condición de xénero.

As actividades que a continuación presentamos teñen como obxectivo concienciar á sociedade na loita Contra a Violencia de Xénero; as vítimas máis vulnerábeis; os nenos e nenas, testemuñas presenciais e vítimas tamén da violencia de xénero. Non cabe ningún tipo de negación desta cruel realidade e que no punto de mira de todos e todas só deben estar a liberdade, a seguridade e a integridade para todas as persoas.

  • 25N ás 13h. Lectura do Manifesto na Praza Maior.
  • 25N ás 18h. Obra de teatro, “ Ciencia que alimenta”, Casa da Cultura.
    De balde ata esgotar localidades, dirixido ao público familiar e con temática sobre o empoderamento da muller.
  • 16-30Nov. Exposición Figuras e Carteis na Casa da Cultura, elaborados por as alumnas/os do IES O RIBEIRO.
  • Lanzamento mensaxe dos nosos maiores;
    coa participación dos residentes da Fundación Nos Anxos e Casa do Maior Aloumiño.
  • Iluminación Violeta do Castelo dos Sarmiento e fonte da alameda.
Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.