O concello de Barbadás ofrece formación en novas tecnoloxías ós seus veciños a través de dous obradoiros que terán lugar durante os meses de febreiro a maio de 2023.
Na actualidade, a administración electrónica está a converterse na principal canle de comunicación entre a cidadanía e as distintas administracións públicas.
Barbadás ofrece formación en novas tecnoloxías ós seus veciños
Son numerosos os trámites que se poden realizar mediante unha comunicación electrónica e por ese motivo é preciso que os cidadáns dispoñan das ferramentas adecuadas e saiban facer un uso correcto delas.
A concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación organizou dous obradoiros que permitan mellorar o dominio das novas tecnoloxías. Trámites electrónicos en liña e uso de smartphone son as dúas propostas que lanza o concello.
Estes obradoiros terán lugar nas instalacións municipais do parque da Solaina e nos algúns locais sociais do concello.
Trámites electrónicos en liña
DNI-e, citas Sergas, certificado electrónico, clave PIN, Chave 365
- Datas:
9 de febreiro,
9 de marzo,
11 de abril e
9 de maio - Horario:
De 16:00 a 19:00 h - Lugar:
Instalacións municipais de A Solaina
![Barbadás ofrece formación en novas tecnoloxías ós seus veciños](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2023/01/novas-tecnoloxias-barbadas-800x450.jpg)
Iniciación ao uso de smartphone
Local social de Loiro-Escola vella (Para veciños e veciñas de Loiro e Bentraces)
- Data: 24 de febreiro
- Horario: De 16:00 a 19:00 h
Fonval (A Valenzá)
- Data: 24 de marzo
- Horario: De 16:00 a 19:00 h
Local social de Barbadás (Para veciños e veciñas de Barbadás, Pontón e Sobrado)
- Data: 24 de abril
- Horario: De 16:00 a 19:00 h
Local social de Piñor ( Para veciños e veciñas de Piñor, Parada e Santa Uxía)
- Data: 24 de maio
- Horario: De 16:00 a 19:00