O actual alcalde, Alvaro Vila, repite como candidato á alcaldía no concello de Taboadela tras alcanzar o goberno municipal nas eleccións de 2019.
Alvaro Vila repite como candidato en Taboadela
Alvaro Vila presenta a súa candidatura «coa mesma ilusión coa que nos presentamos fai 4 anos». Nesta ocasión, o actual alcalde seguirá apostando polas persoas «que me acompañaron o longo destes 4 anos e que me van acompañar para seguir co proceso de transformación que estamos a levar a cabo en Taboadela».
Entre os principais proxectos realizados no actual mandato, Alvaro Vila destaca:
- Renovación do alumeado con luminarias LED,
- instalación de saneamento en varios núcleos de poboación,
- creación da casa de oficios,
- financiamento da Casa da Cultura
«Foron catro anos de ilusión e de moito traballo, polo que namentres manteñamos esa ilusión, seguiremos a pé de rúa», destaca Alvaro Vila.