Sucesos

Unha persoa resulta atropelada nun accidente na recta de Taboadela

Un accidente de tráfico na recta de Taboadela, á altura de Amendo, deixou unha persoa atropelada na tarde deste luns, segundo as primeiras informacións recollidas no lugar do sinistro.

O accidente produciuse cando dous vehículos que circulaban en dirección a Ourense iniciaron unha manobra de adiantamento.

Unha persoa resulta atropelada nun accidente na recta de Taboadela

Nese momento atopáronse cun turismo que circulaba en sentido contrario, cara a Taboadela. Esto obrigou a ambos condutores a realizar unha manobra de urxencia para evitar unha colisión frontal.

O primeiro dos vehículos conseguiu regresar ao seu carril sen sufrir consecuencias. Pola contra, o segundo perdeu o control cando intentaba reincorporarse á vía, cruzouse cara á esquerda e acabou impactando contra unha muller da zona que paseaba nas inmediacións da entrada da pista de Amendo. O turismo tamén chocou contra a árbore situada nese punto.

Unha persoa resulta atropelada nun accidente na recta de Taboadela.
Foto: Elba MC

Polo momento descoñécese o estado da persoa atropelada, mentres os servizos de emerxencia continúan traballando no lugar. Ata a zona desprazáronse efectivos dos bombeiros, da Garda Civil e dos servizos sanitarios para atender a emerxencia e esclarecer as circunstancias do accidente.

As causas do sinistro están a ser investigadas e non se descarta que nas próximas horas se coñezan máis detalles sobre o sucedido.

Botón volver arriba