Eva Pérez Gamote será a candidata socialista no concello de Vilardevos nas eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio.
«Moita ilusión, responsabilidade e capacidade de traballo» son as primeiras palabras da candidata ante o proceso electoral.
Eva Pérez será a candidata socialista en Vilardevós
«A pesar de atoparme en excedencia, seguín traballando polos dereitos dos meus compañeiros, chegando a consolidar as nosas prazas no proceso de estabilización levado a cabo polo Goberno central e conseguindo un acordo salarial axustado as nosas categorías profesionais» indicou a candidata do PSdeG-PSOE.
Entre os obxectivos que se plantea para Vilardevós atópanse «a mellora das infraestruturas, a limpeza dos núcleos de poboación, a mellora da calidade das augas, a posta a punta das fosas sépticas e o impulso do patrimonio natural de Vilardevós, con lugares privilexiados como a Cidadella, Hallazgos, os muíños, o camiño de Santiago ou as rutas do contrabando, ademais de apostar de xeito decidido polos soutos de castañas«.