O BNG do concello da Merca presenta o primeiro tramo da candidatura para as próximas eleccións municipais que terán lugar o 28 de maio.
Coa presenza de Teresa Garrido como candidata á alcaldía, o BNG presenta unha lista renovada para esta convocatoria municipal.
As persoas que ocuparán os cinco primeiros postos son:
- Teresa Garrido Grande (A Manchica)
- Noelia Currás Rodríguez (Froxás das Viñas)
- Fernando Conde Suárez (Entrambosríos)
- Manuel Outumuro Seara (Parderrubias)
- Lucía Prieto Pérez (A Mezquita)