Noticias

Acto do PSOE no hotel Derby do Carballiño

Un importante número de veciños e veciñas participaron no acto do PSdG-PSOE no hotel Derby do Carballiño.

No acto participaron Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, Marga Martín, cabeza de lista ó Congreso, e Rafa Villarino, cabeza de lista ó Senado.

Acto do PSOE no hotel Derby do Carballiño

Francisco Fumega sinalou que grazas a Pedro Sánchez, O Carballiño «conseguiu que a Festa do Polbo pase a ser de Interese Turístico Internacional». Este cambio «permite potenciar unha das festas de maior relevancia da provincia, atraendo a un maior número de visitantes».

Acto do PSOE no hotel Derby do Carballiño
Foto: PSdeG-PSOE

Marga Martín recordou que «decídese co noso voto a dirección que toma España e se camiñamos cara adiante ou damos unha marcha atrás». Rafa Villarino destacou que «da man do PSOE temos un mellor país, unha mellor Ourense, e iso que pasamos por a pandemia máis dura do último século, a erupción do volcán e unha invasión que trocou en guerra e na que aínda estamos».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.