Noticias

A CHMS impulsa obras en Bande e Entrimo

A CHMS impulsa obras nos concellos de Bande e Entrimo que supoñen unha inversión total superior ós 600.000 euros.

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil visitou as obras realizadas en ambos concellos.

A CHMS impulsa obras en Bande e Entrimo

Na visita de José Antonio Quiroga ó concello de Bande tamén estiveron presentes a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, e o presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor.

As obras xa rematadas neste concello permitiron prolongar a senda do río Badella. A inversión realizada (278.000€) foi asumida nun 80% pola CHMS e pola Deputación provincial nun 20%. O tramo afectado supón ampliar en 800 metros este sendeiro fluvial onde tamén se levaron a cabo tarefas de limpeza do río.

A CHMS impulsa obras en Bande e Entrimo

No concello de Entrimo, José Antonio Quiroga visitou as obras que permitiron acondicionar un sendeiro e unha zona de baño. Acompañado polo alcalde de Entrimo, Ramón Alonso, visitou as obras xa rematadas.

O sendeiro ten unha lonxitude de 2.700 metros e chega ó núcleo de Lantemil onde se instalou unha fonte. Na zona de baño, as actuacións consistiron na construción dun novo embarcadoiro, unha zona de baño de 2.000 metros cadrados, zona recreativa infantil e unha zona con aparatos biosaudables.

Estas actuacións realizadas no concello de Entrimo (375.000€) foron financiadas nun 80% pola CHMS, un 5% polo concello e o 15% restante pola CMVMC de Lantemil e Reoleira.

Botón volver arriba