O V Concurso Fotográfico de Taboadela conecta xeracións ó ser este o tema que os distintos traballos que se presenten ó concurso deberán reflectir.
Vínculos Duradeiros: Conectando Xeracións é o «leit motiv» da edición de 2024 que xa abriu o prazo de presentación de fotografías.
O Concurso Fotográfico de Taboadela conecta xeracións
Desde o 15 de marzo ó 30 de maio de 2024, os interesados en participar neste concurso fotográfico poderán presentar os seus traballos. O Concurso Fotográfico de Taboadela chega á súa quinta edición plenamente consolidado como un dos concursos de fotografía con máis participación e calidade.
Nas bases do concurso indícase o procedemento para presentar as fotografías ó concurso, o proceso que se levará para escoller os mellores traballos e a elección final dos traballos premiados.
Bases do V Concurso Fotográfico do Concello de Taboadela
V Concurso fotográfico organizado polo Concello de Taboadela co titulo de «VÍNCULOS DURADEIROS: CONECTANDO XERACIÓNS” e que se rexe polas bases indicadas a continuación:
1.- PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso calquera persoa residente en España, con excepción dos membros do xurado, así como os empregados do concello.
2.- TEMA
O tema do 5º concurso de fotografía do Concello de Taboadela será “VÍNCULOS DURADEIROS: CONECTANDO XERACIÓNS”. As fotografías que se presenten deben capturar e expresar a conexión, o vínculo e a relación entre diferentes xeracións. Estas imaxes poden mostrar momentos compartidos entre persoas de distintas idades, como avós e netos, pais e fillos, ou calquera outra combinación de xeracións. As fotografías deben transmitir emocións, historias e experiencias que reflictan a importancia e a beleza das relacións interxeracionais, destacando a continuidade, o afecto, o apoio e o amor que une ás distintas xeracións ao longo do tempo.
3.- OBRAS
Cada participante poderá presentar un máximo de 3 obras, sendo orixinais e inéditas e non presentadas previamente noutros certames, sitios web ou calquera outro soporte dixital ou impreso.
4.- PRESENTACIÓN
Os traballos presentaranse a través da páxina de Facebook de Taboadela que os xestionará e difundirá:
a) Enviando as fotos a este grupo
b) Mail: taboadelaou@gmail.com
Será necesario acompañar cada obra cun título do mesmo, nome do autor e formulario de contacto.
5.- PRAZO DE ADMISIÓN
O prazo de presentación dos traballos estará aberto dende o 15 de marzo ata o 30 de maio.
6.- PREMIOS:
a) Primeiro premio: 200 euros e será a protagonista do calendario anual do concello.
b) Segundo premio 100 euros
c) Terceiro premio 50 euros.
7. FALLO
a) Unha PRIMEIRA FASE (finalizará ou 30 de xuño do 2024 as 23:59 H) onde se seleccionará mediante votación popular na páxina de Facebook de Taboadela as 10 fotografías máis votadas, as cales avanzarán a unha segunda fase. O proceso será o seguinte: todas as fotografías recibidas ata o 30 de maio serán exhibidas durante o mes de xuño. As 10 máis votadas durante ese período pasarán á segunda fase. Non serán computables os votos anteriores, só serán válidos os realizados durante o mes de xuño
b) SEGUNDA FASE: O xurado elixirá os gañadores e os finalistas entre as 10 fotografía con máis votos populares. Esta votación terá lugar durante o mes de xullo. Cada un das tres persoas que formen parte do xurado terá a posibilidade de rescatar unha fotografía que se sumará as 10 mais votadas, para a decisión final
A decisión do xurado terá lugar en xullo de 2023 e será comunicada expresamente aos gañadores.
8.- O XURADO
O xurado, formado por tres persoas, valorará a calidade técnica das obras, a composición, o tratamento da luz e os volumes na realización das fotografías, a calidade plástica das mesmas, as técnicas empregadas, así como calquera outra valoración que estimen oportuna.
9.- DEREITO DE AUTOR
As obras premiadas serán propiedade do Concello, sendo a propiedade intelectual e autoría do autor. O concello deberá facer constar en futuras reproducións impresas ou por calquera medio dixital o nome do autor.
10.- ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha destas bases e a decisión final do xurado.
11.-EXPOSICIÓN
As 10 obras mellor valoradas polo xurado serán obxecto dunha exposición na “Casa de Oficios” do Concello de Taboadela, mencionarase nos créditos a autoría das fotografías.
12.-ENTREGA DE PREMIOS
O acto de entrega dos premios ás fotografías gañadoras será comunicada de maneira persoal aos seus autores e acordarase con eles o acto de entrega, a data e o lugar elixido.
13.-PROTECCIÓN DE DATOS
Os participantes nesta edición autorizan o tratamento dos seus datos persoais entregados coa inscrición no Concurso, os cales serán usados coa finalidade do desenvolvemento da súa participación no Concurso, e indicar a autoría da obras posteriormente.
14.-DEREITO DE EXCLUSIÓN
A organización do concurso resérvase o dereito de descartar e excluír do Concurso determinadas obras cando:
- non se axusten á temática exposta e/o a uns criterios de calidade técnica mínimos.
- fosen presentadas neste ou outros concursos ou certames
- se inscriban con datos falsos ou haxa indicios que razoablemente puidesen levar a pensar que os datos son falsos.
- as fotografías conteñan elementos que poidan considerarse contrarios aos dereitos fundamentais e as liberdades públicas, ou induzan, inciten ou promovan actuacións delituosas, denigratorias, violentas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral e bos costumes xeralmente aceptadas, ou á orde pública, isto inclúe cando inclúan fotografías de nenos, nenas e adolescentes sen a debida autorización dos seus representantes legais (pais ou coidadores), ou inclúan a imaxe propia de persoas que non autorizaron o seu uso para efectos do concurso.
- se atopen protexidas por calquera dereitos de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros, ou sexan contrarias ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas.
- poida constituír publicidade ou se incorpore no seu formato dixital virus ou outros elementos que poidan danar o normal funcionamento da rede, do sistema ou de equipos informáticos.
- aparezan menores de idade sen consentimento expreso.
- se incumpran as presentes bases en calquera forma.
15.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
O Concello de Taboadela e organización do concurso queda exonerado, non facéndose responsable respecto do incumprimento do participante de calquera garantía en materia de dereitos de propiedade intelectual, industrial ou de imaxe, así como de calquera responsabilidade que puidese derivar do incumprimento ou cumprimento defectuoso polos participantes no Concurso das presentes Bases. Os participantes comprométense a manter indemne ao Fondo de Cultura de calquera responsabilidade que se derive pola reclamación de terceiro con ocasión do uso, reprodución, distribución, comunicación ou calquera acto de disposición de dereitos sobre a foto do concursante.
Calquera aspecto non contemplado nestas Bases poderá ser resolvido pola organización ou os membros do xurado. As fotografías serán tratadas con coidado e respecto, pero declínase calquera responsabilidade durante o depósito e manipulación das obras na sede do Fondo de Cultura Económica.
16.- OBSERVACIÓNS
Os autores responsabilízanse da autoría e orixinalidade das obras presentadas, así como de que non existan dereitos de terceiros sobre as mesmas, e de calquera reclamación que por dereitos de imaxe puidese formularse. O feito de participar implica a aceptación íntegra das presentes Bases. O contido destas Bases pode estar suxeito a modificacións, que en tal caso publicaríanse coa suficiente antelación.
Concello de Taboadela