Noticias

Botan abaixo o Macropolígono no Larouco

As presións exercidas por varias entidades e veciños das zonas afectadas botan abaixo o Macropolígono Tramontana no Larouco.

O DOG publicou o arquivo do expediente e a cancelación da garantía depositada pola empresa promotora que alcanzaba 1.056.000 euros.

Botan abaixo o Macropolígono no Larouco

Ante as primeiras informacións da instalación deste parque eólico, entidades como STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA e o CLUB PARAPENTE BALTAR iniciaron unha campaña de protestas. Numerosos veciños dos concellos de Baltar e outras zonas da Limia que estaban afectadas tamén se foron sumando a estas queixas.

Posteriormente, os concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio e Trasmiras pedía unha moratoria desta instalación. A declaración de impacto ambiental publicada fai aproximadamente un ano resultaba desfavorable para este parque eólico.

Botan abaixo o Macropolígono no Larouco
Turbeira na Serra do Larouco

Sería despois da publicación da declaración desfavorable cando as turbeiras do Larouco foron recollidas no catálogo galego de humidais. Ante os informes desfavorables e a oposición da veciñanza, a empresa decidiu cancelar o proxecto.

Botón volver arriba