Eventos

Trío musical de luxo para celebrar as Letras Galegas

O Liceo de Ourense contará coa actuación dun trío musical de luxo para celebrar as Letras Galegas deste ano 2024.

Un dos días máis relevantes da cultura galega é a celebración cada 17 de maio do Día das Letras Galegas que este ano está dedicado á escritora Luísa Villalta Gómez.

Trío musical de luxo para celebrar as Letras Galegas

No Liceo de Ourense, espazo cultural de referencia na cidade de Ourense, atopamos na axenda un concerto de «Exaltación das nosas letras». Este evento terá lugar o mércores, 15 de maio, e contará coa actuación dos músicos Álvaro Sieiro, Emilio Rúa e José Luis Troitiña.

Trío musical de luxo para celebrar as Letras Galegas

A entrada ó evento é libre.

Botón volver arriba