Noticias

Ribeiro en Común solicita saldar a débeda co Asilo de Ribadavia

Ribeiro en Común solicita á deputación de Ourense saldar a débeda co Asilo de Ribadavia que comprometeu para o ano 2023.

Nos anos 2021 e 2022, a Deputación de Ourense ingresaba unha achega económica de 80.000 euros para colaborar ó mantemento do Asilo de Ribadavia. Esa mesma achega prevista para 2023 non foi ingresada e por ese motivo desde Ribeiro en Común preguntaron no pleno municipal a causa desta situación.

Ribeiro en Común solicita saldar a débeda co Asilo de Ribadavia

A resposta da alcaldía foi que a Deputación esgotara os fondos previstos para Ribadavia ó sufragar parte dos gastos da instalación da nova pista do Polideportivo. Ante esta situación, Ribeiro en común solicita que a Deputación e a Xunta de Galicia asuman o sustento e mellora desta Residencia.

Ribeiro en Común solicita saldar a débeda co Asilo de Ribadavia
Foto Ribeiro en Común

Botón volver arriba