Tivo lugar o primeiro taller de defensa persoal para vítimas de violencia de xénero no pavillón municipal de Pontenoalla, en San Cibrao das Viñas.
Estas accións formativas son organizadas pola subdelegación do Goberno en Ourense en colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Primeiro taller de defensa persoal para vítimas de violencia de xénero
O primeiro dos cinco talleres previstos levouse a cabo no concello de San Cibrao das Viñas. As mulleres participantes nesta formación recibiron ensinanzas sobre as técnicas básicas de prevención e autodefensa para poder liberarse e escapar ante unha posible agresión machista.
Na actualidade, o Sistema Viogén conta con 543 casos activos na provincia de Ourense. Nas próximas semanas terán lugar novos talleres en distintas localidades da provincia. «Os casos activos son os datos que se ven, pero hai unha realidade encuberta, as cifras que non vemos, as mulleres que non denuncian, pero que forman parte deste conxunto» indicou a xefa da unidade de Violencia Contra a Muller da Subdelegación do Goberno en Ourense, Alida Iglesias.