Noticias

Barbadás sae co deporte á rúa

O concello de Barbadás sae co deporte á rúa con cinco exhibicións que varias disciplinas deportivas realizarán durante esta semana.

As escolas deportivas de Barbadás mostrarán en varios espazos públicos o traballo que realizan coincidindo coa Semana Europea do Deporte 2024.

Barbadás sae co deporte á rúa

A pista polideportiva da rúa Paseo dos Amieiros, o pavillón Polideportivo da Valenzá e o parque da Solaina acollen estas exhibicións.

O programa destas mostras deportivas, se as condicións meteorolóxicas o permiten, será o seguinte:

  • Luns, 23 de setembro – Exhibición de fútbol na pista multideporte da Valenzá ás 18h.
  • Martes, 24 de setembro – Sesión de ximnasia rítmica no parque da Solaina ás 17:30h.
  • Mércores, 25 de setembro – Ximnasia de trampolín no polideportivo municipal
  • Xoves, 26 de setembro – Exhibición de fútbol na pista multideporte da Valenzá ás 18h.
  • Venres, 27 de setembro – Baloncesto e balonmán na pista multideporte ás 18h.
Barbadás sae co deporte á rúa

Botón volver arriba