Noticias

O PSdeG solicita información sobre a Escola Municipal Continua

O PSdeG-PSOE do concello de Ourense solicita información sobre os cursos da Escola Municipal Continua que o concello presentou en substitución da Universidade Popular.

Desde o grupo municipal socialista indican que a tres de outubro, nada se sabe destes cursos que organiza o concello.

O PSdeG solicita información sobre a Escola Municipal Continua

A concelleira Cristina Cruz lembra que «xa a anterior convocatoria chegou tarde, mal e arrastro, como é habitual na xestión deste executivo». Destaca Cruz que dos 140 cursos que ofertaba a Universidade Popular, o concello reduciu a cifra a 50 dos cales, algúns foron cancelados posteriormente.

O PSdeG solicita información sobre a Escola Municipal Continua
Cristina Cruz, concelleira socialista

«Esta nova escola, como xa dixemos en reiteradas ocasións, presenta unha formación feble que non responde ás necesidades dos ourensáns e ourensás» afirma a concelleira do PSdeG. Ante esta situación, indica que «Seguimos sen resignarnos. Seguimos a loitar para que Ourense teña unha alternativa educativa de calidade».

Botón volver arriba