Faltan escasos días para a celebración de San Martiño no concello de Ourense e xa coñecemos a programación para esa xornada.
O concello de Ourense presentou o programa de actividades que terá lugar o 11 de novembro, día de San Martiño, e que inclúe o tradicional magosto.
Celebración de San Martiño en Ourense
A castaña ten unha profunda importancia en Ourense, non só como alimento, senón tamén como símbolo cultural e tradición. No outono, esta froita converteuse nun produto central na gastronomía e na vida social da provincia.
A celebración do Magosto, que ten as súas raíces na cultura celta, rende homenaxe á castaña e á súa colleita, reunindo á xente en torno ao lume para asalas e compartilas. Esta festa popular vai moito máis alá do acto de comer castañas: é un momento de conexión coa natureza e cos costumes ancestrais da rexión. Durante o Magosto, as castañas simbolizan abundancia e agradecemento pola colleita, mentres o lume representa a purificación e a unidade
Festa do Magosto en Ourense
Nesta celebración de San Martiño, o concello de Ourense contará coa participación do grupo Brañas Folk que estará acompañado polos artistas Pancho Álvarez e Lucía Pérez. A festa rematará coa actuación da orquestra Olympus.
- 12.00 h · Ruada de gaiteiros con xigantes e cabezudos.
- 17.15 h · Obradoiros infantís na Praza Maior.
- 18.00 h · Magosto tradicional: chourizo asado con bolo de masa nai, auga ou viño por 3 € na Praza Bispo Cesáreo.
- Castañas gratuítas na Praza Maior e Bispo Cesáreo.
- Food Trucks: Burguer Bágoa Gastrobar, Tráiler Coren e Crepes.
- 18.00-19.30 h · Concerto “Brañas Folk” con Lucía Pérez e Pancho Álvarez · Lugar: Praza Maior.
- 19.00-22.00 h · Baile coa orquestra “Olympus” · Lugar: Rúa do Progreso.