O PSdeG-PSOE de Ourense acusa ós culpables de «hipotecar esta cidade» tras o pleno no que se aprobaron oito modificacións de crédito.
Os concelleiros do Partido Socialista indicaron que a nefasta xestión do alcalde e o apoio que lle presta o PP son as causas da situación actual.
O PSOE acusa ós culpables de «hipotecar esta cidade»
A concelleira María Fernández indicou lembrou que as modificacións de crédito son a resposta ós problemas do concello.
«Hoxe estamos aquí porque o goberno municipal non ten un orzamento, o periodo medio de pago é de 160 días, debémos máis de 20 millóns en facturas a persoas desta cidade, debemos máis de 30 millóns de euros ás concesionarias por estar en precario, temos gravísimos problemas en materia de persoal. Esas son as razóns de que teñan que habilitar modificacións de crédito», indicou Fernández.
A abstención do PP permitiu ó alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, aprobar as modificacións de crédito que foron rexeitadas no mes de setembro. «Hoxe acaban de apuntalar a Gonzalo Pérez Jácome na cadeira da Alcaldía ata final de mandato, usando como moeda de cambio falsas promesas» indicou Natalia González.
A voceira socialista acusou ó PP de ser «a marca branca de Democracia Orensana». Incidiu a concelleira socialista en acusar ós concelleiros do PP sinalando que «pódenlle dar as voltas que queiran, son o gran meme da política desta cidade».
Para rematar a súa intervención, González Benéitez destacou que «a nós si que nos gustaría cambiar o rumbo de Ourense. O PP hipotecou esta cidade».