Segundo indican desde o BNG de Ourense, o concello tería unha débeda millonaria coa empresa de transportes Urbanos de Ourense SL.
Está débeda faise pública ó día seguinte da aprobación de oito modificacións de crédito que suman máis de vinte e ún millóns de euros e que permitirán asumir pagos pendentes.
O concello tería unha débeda millonaria coa empresa de transportes
Luís Seara, voceiro do BNG, sinala que esta débeda é «consecuencia de ter ditas concesións en precario» o que leva a «continuas reclamacións xudiciais promovidas polas empresas concesionarias».
Na Xunta de Goberno Local prevista para hoxe aprobaráse unha nova modificación de crédito por importe de 16.698.820,12€. Esta cantidade permitiría asumir a débeda coa empresa Urbanos de Ourense (14.698.820,12€) e os xuros de demora (1.448.508,04€)
«Temos un Concello ao bordo da quebra técnica e onde as reclamacións xudiciais por mor da falta de xestión, de seriedade e de rigor do actual Goberno Local», indica Luís Seara. Para o voceiro nacionalista, «esta situación provocada polo Goberno de DO está sendo refrendada e validada, como puidemos ver onte, por un Partido Popular cómplice da situación actual e responsable do que poida pasar no futuro».