Noticias

Subdelegación e Concello de Xinzo avanzan en varios proxectos

A Subdelegación do Goberno en Ourense e o Concello de Xinzo de Limia avanzan en varios proxectos que o Estado financia neste municipio.

Eladio Santos, subdelegado do Goberno, recibiu a Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia, e a Ramón Gómez, concelleiro de Obras, para falar sobre estes proxectos.

Subdelegación e Concello de Xinzo avanzan en varios proxectos

O sistema de regadío da Comunidade de Regantes Nova Limia é unha das infraestruturas máis importantes da zona. A modernización deste sistema contará cunha inversión de preto de trinta millóns de euros por parte do Ministerio de Agricultura. Esta obra beneficiará a máis de mil oitocentos regantes dos concellos de Xinzo, Sarreaus, Trasmiras e Porqueira.

Outro proxecto que financiará o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico consiste na dixitalización do ciclo da Auga. Ó igual que a modernización do sistema de regadío, este proxecto forma parte Plan de axudas que se financia cos fondos Next Generation.

Subdelegación e Concello de Xinzo avanzan en varios proxectos
Foto: Subdelegación do Goberno

O último proxecto que estivo sobre a mesa foi a humanización da travesía de Xinzo. Este proxecto, financiado polo Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana, ten un orzamento de preto de catro millóns de euros.

Botón volver arriba