Noticias

Xunta de Área fugaz en Ourense

Unha Xunta de Área fugaz tivo lugar esta mañá no concello de Ourense ó non chegar a catro minutos de duración.

«Foi unha auténtica burla: unha reunión que non chegou aos 4 minutos, sen respostas, sen documentación, sen información e sen respecto algún» denunciou a concelleira do PSdeG-PSOE, Alba Iglesias.

Xunta de Área fugaz en Ourense

Na Xunta de Área relativa á Administración Xeral, Seguridade Cidadá e Mobilidade, a persoa que representou ó goberno municipal non ofreceu ningunha información.

«Enviouse a unha persoa que nin ten respostas sobre temas pendentes nin é capaz de contestar ás novas preguntas por non ser a encargada desas áreas» sinala Iglesias. Entre os temas que a oposición quería tratar están «asuntos cruciais como a Policía Local, os Bombeiros, a estabilización do persoal ou os conflitos laborais».

Xunta de Área fugaz en Ourense

Alba Iglesias mostra o seu malestar ante a «desfachatez que chega ao extremo de convocar unha Xunta de Área que só serve para cobrala sen traballar». Ante esta situación, os socialistas reclaman que a Xunta de Área se convoque de novo para a próximas semana.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.