Noticias

A subdelegación inicia os actos do 25N

A subdelegación do Goberno en Ourense inicia os actos conmemorativos do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Este xoves tivo lugar unha xornada formativa que supuxo a apertura dos actos previstos.

A subdelegación inicia os actos do 25N

Julio Jiménez, responsable do Instituto de Medicina Legal de Galicia en Ourense, foi o primeiro relator en participar cunha intervención na que analizou o papel do médico forense nos casos de violencia de xénero e violencia sexual.

A segunda intervención foi sobre o abordaxe psicoterapéutico que se realiza no Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren Violencia de Xénero. A coordinadora deste programa, Mª Luz Losada, e a psicóloga, Ermitas Acevedo, foron as encargadas desta intervención.

A subdelegación inicia os actos do 25N
Foto: Subdelegación do Goberno

Alida Iglesias, xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller, foi a condutora deste evento no que tamén estivo presente o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos.

Botón volver arriba