A IX Gala Contra o Cancro que se celebrará o 12 de xaneiro de 2025 en Ourense xa ten cartel onde podemos ver as propostas deste evento.
Este evento solidario contará coa participación de grupos e artistas que porán o seu gran de area para lograr unha gran recadación.
Gala Contra o Cancro 2025 en Ourense
A IX Gala Contra o Cancro celebrarase no Auditorio Municipal de Ourense o 12 de xaneiro ás 12h.
Entre os artistas participantes atopamos á cantante Pili Pampín, o mago Teto e a tamén cantante Tania Veiras. Estes artistas compartirán escenario coa escola de Baile Saudeter Ourense e o grupo de música Gin Toni’s.
Este extraordinario cartel de actuacións terá como presentadoras a Lucía Regueiro e Lucía Veiga.